O arquivo persoal de Tomás Barros na Real Academia Galega

tomas barros real academia galega

Desde o pasado venres 27 de outubro a Real Academia Galega custodia o arquivo persoal do pintor e escritor Tomás Barros (1922-1986). Barros, membro correspondente da RAG, foi un dos intelectuais antifranquistas que ficou en Galicia mais compartiu inquedanzas con outros que marcharon ao exilio e cos que colaborou, como Luís Seoane, Celso Emilio Ferreiro e Rafael Dieste. A doazón realizada inclúe cadernos e milleiros de pregos manuscritos e mecanoscritos de textos literarios, reflexións persoais e correspondencia que constitúen unha importante fonte para investigar a vida e a obra do propio creador, mais tamén a doutros intelectuais e artistas e da época que viviron.

http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/os-fillos-de-tomas-barros-doan-a-real-academia-galega-o-seu-arquivo-persoal

Na prensa:

La Opinión: http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2017/10/27/real-academia-galega-recibe-donacion/1230153.html

El Ideal Gallego: http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/hijos-tomas-barros-donan-archivo-personal-real-academia-galega/20171027230304354417.html