Xa está aberto o prazo para pedir becas do MEC para formación profesional. Ata o 3 de outubro podes presentar a túa solicitude online dende a web do ministerio. Se precisas axuda, chámanos ou ven polo Centro Tomás Barros e botámosche unha man. Consulta o noso horario e vías de contacto.